O Sergas activará o luns novas unidades no Hospital do Salnés
Por Oskar Viéitez
O Sergas activará o vindeiro luns as novas unidades de coidados postcirúrxicos e de cirurxía maior ambulatoria no Hospital do Salnés.
Dispoñen de 9 postos de espertar poscirúrxico, 9 postos sillón de reintegración ao medio e 2 boxes de aillables e coidados postanestesia nun novo espazo de 1.603 metros cadrados.
Este venres se mantiveron sendas xuntanzas coa xunta de persoal e con representantes da mancomunidade de concellos de O Salnés, onde directivos da xerencia dos hospitais de Pontevedra e O Salnés expuxeron as previsións técnicas e asistenciais para esta apertura.
A ampliación do centro continuará coa habilitación da nova área de esterilización e a vindeira activación asistencial do Hospital de Día que agora atópase na fase final de equipamento e planificación técnica.