Wi-fi de balde no Camiño de Santiago
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra informará na vindeira reunión da Mesa do Camiño do Proxecto Wifi, unha iniciativa para que os pequenos concellos polos que transcorren as rutas do Camiño de Santiago poidan ofrecer wifi de balde nos espazos públicos aos peregrinos e veciños.
O vindeiro luns 27 de novembro celebrarase a segunda sesión ordinaria do 2017 da Mesa do Camiño, onde ademais de informar deste proxecto falarase da feira Fair Way e especialmente das peticións trasladadas ao Ministerio de Fomento sobre distintos puntos negros detectados no Camiño Portugués.
En relación ás problemáticas de seguridade, o Ministerio de Fomento contestou á petición da Deputación do pasado mes de outubro informando de que están desde o ano 2016 a redactar proxectos en varios tramos da N-551 en Tui no enlace da A-52 no termo municipal de Mos e non informou dos proxectos nin da dispoñibilidade presupostaria para o punto negro da N-550 en Alba ou no núcleo de Briallos xusto no entorno do Parque Natural Barosa en Barro.
Tampouco hai novidades da reiterada demanda do alcalde de Caldas de Reis para rehabilitar a emblemática ponte pola que este ano xa pasaron máis de 50.000 peregrinos.
En relación aos compromisos que ten a Deputación nos viais provinciais xa está preparado un proxecto para unha senda no tramo Curro-Portela da EP-0508 coa fin de evitar que os peregrinos transiten polo beiravía.
Relacionadas:
-
Ferida leve unha peregrina que foi atropelada en Alba
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Acordo unánime no Parlamento para mellorar a seguridade viaria no Camiño Portugués
Por Redacción |
-
A Xunta e a Deputación centrarán os seus investimentos para 2018 no Camiño Portugués a Santiago
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Barro, Caldas, Campo Lameiro, Cuntis e Portas únense para promover o turismo
Por Redacción |
-
A Deputación presenta en Fairway as seis rutas a Compostela que transcorren polas Rías Baixas
Por Redacción |