Ampliación e renovación para a zona infantil do Parque Eguren
Por Redacción
O Concello de Marín ultima un proxecto de ampliación e reforma da zona de recreo infantil situada no Parque Eguren.
Ademais de atoparse en estado de deterioración e precisar unha reforma integral, esta instalación quedou pequena pola cantidade de usuarios que recibe.
O novo parque que se plantexa pasará dos 110 metros cadrados actuais de zona de xogos a contar con 250 metros cadrados.
Ademais segundo o goberno local incluiranse xogos novos, con "redes átomo" que chegarán nun caso aos 5 metros de altura e un tobogán de 3 metros.
No parque se intalarán tamén randeeiras, unha delas inclusiva, un xiratorio en rede ou un balancín, entre outras estruturas.