A Deputación supervisa en Moraña o acondicionamento da senda peonil na PO-226
Por Redacción
Os deputados David Regades e Eva Vilaverde visitaron este venres, xunto á alcaldesa de Moraña, María Luisa Piñeiro, e integrantes da corporación municipal, as obras de acondicionamento da senda peonil na marxe esquerda da PO-226, entre a Albarguería e Santa Margarida.
Para a realización destas obras, o concello recibiu da Deputación de Pontevedra unha achega de 124.398,09 euros.
En concreto, con este investimento, encadrado no Plan Concellos 2016, o concello de Moraña puido acondicionar a senda peonil levando a cabo a demolición da soleira existente, escavación de zanxas e limpeza; canalización de pluviais; colocación do bordo nalgúns tramos da senda e colocación dunha varanda protectora de madeira; construción dun muro de formigón armado e un muro de escollera; sinalización do vial, e a construción dunha pasarela de madeira.
O futuro proxecto que o goberno provincial financiará con máis de 700.000 euros en Moraña, é a rehabilitación do nercado como espazo cultural ao abeiro do Plan de Reequilibrio.