Barro, Caldas, Campo Lameiro, Cuntis e Portas únense para promover o turismo
Por Redacción
Os concellos pontevedreses de Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis e Portas promoven unha oferta turística conxunta arredor do Camiño de Santiago e esta semana dérona a coñecer compartindo stand na feira Fairway, celebrada no Palacio de Congresos e Exposición de Galicia.
Os cinco concellos, que teñen distinto color político, uníronse para promocionar unha zona do interior da provincia de Pontevedra na cal Barro, Caldas e Portas teñen contacto directo co camiño portugués e Campo Lameiro e Cuntis amplían a oferta turística.
Os cinco municipios emitiron un comunicado conjunto no que aseguran que a súa unión tivo recompensa, pois o seu foi un dos stands máis visitados e que máis expectación levantou durante este II Fórum do Camiño de Santiago.
Segundo indicaron, achegáronse ao seu stand importantes touroperadores como El Corte Inglés, Turgalicia ou axencias de viaxes internacionais de lugares tan distantes como Australia. Todos quixeron coñecer de primeira man os atractivos destes cinco concellos.
As reunións celebradas durante a feira posibilitaron tamén establecer visitas aos distintos concellos por parte de moitos profesionais para coñecer de primeira man a oferta turística da zona e poder formar paquetes turísticos para axencias e viaxeiros.
Ante esta boa acollida, os cinco concellos participantes animáronse a formar un futuro grupo de traballo con máis concellos da comarca para desevolver un proxecto común que posibilite resaltar a oferta turística da zona, e polo tanto, converterse nun destino atractivo para peregrinos e turistas que buscan unha experiencia distinta arredor do camiño.