O congreso do traballador autónomo repite en Sanxenxo
Por Redacción
Este xoves presentouse o Congreso de Traballadores Autónomos de Galicia, que se celebrará en Sanxenxo esta fin de semana.
Ao evento asistirán máis de 300 invitados, entre os que se atopan representantes das diferentes institucións e de asociacións de empresarios, así como traballadores autónomos de toda Galicia.
Os galardóns deste ano teñen un sentimento especial, pois se entregarán a empresarios que sexan a terceira ou a cuarta xeración que continua un negocio ou unha actividade. Tras a entrega dos recoñecementos terá lugar a clausura e o comezo da cea de homenaxe aos premiados.
O tenente de alcalde, Gonzalo Pita, reiterou o agradecemento municipal por elixir un ano máis Sanxenxo para a celebración deste congreso.
O goberno local é consciente das posibilidades que ten o municipio neste sector polo que pretende crear un equipo de persoas que desde o Concello se encargue de ofrecer todas as facilidades ás entidades ou empresas organizadoras.