Pontevedrá lembrará o domingo as vidas truncadas pola "violencia viaria"
Por Redacción
O Concello de Pontevedra e a asociación Stop Accidentes organizan o próximo domingo 19 de novembro un acto de sensibilización con motivo do día mundial en lembranza das vítimas da violencia viaria. Será a partir das 12.00 horas na Illa do Covo.
O acto será, en concreto, no espazo que conforma a instalación granítica de Fernando Casas, que fai referencia a algunha catástrofe que impediu medrar ás 36 árbores truncadas das que se compón a escultura. As árbores truncadas poden tamén simbolizar as vidas humanas que se tragan as estradas cada día.
Os organizadores montarán un escenario que inclúe o 'Panel da Lembranza', un espazo no que as persoas asistentes poden deixar testemuñas de lembranza de amigos ou familiares que sufriron algunha situación violenta relacionada co tráfico a motor.
No evento participarán tamén un grupo de moteiros que partirán ás 10 horas da Praza do Rei da cidade de Vigo e chegarán a Pontevedra tras realizar unha ofrenda floral ás vítimas no Balcón de Aragón da cidade olívica, o único monumento en Galiza ás vítimas da sinistralidade viaria.
Relacionadas:
-
Primeiras penas de prisión para reincidentes en delitos de tráfico
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra celebra o día mundial en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra recorda ás vítimas da "violencia viaria" presumindo de "cidade 30"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Para conseguir Cero Violencia Viaria, educación!
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |