Jorge Canda 'toma medidas' na Gaiola
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, tomou medidas, no sentido máis literal da expresión, no lugar da Gaiola, na parroquia de Seixido.
Acompañado da arquitecta municipal o rexedor estudou sobre o terreo a zona antes de que sexa sometida a unha reforma integral co obxectivo de favorecer a habitabilidade deste núcleo habitado, traballos que se afrontará con fondos municipais.
Trátase dunha primeira aproximación a un proxecto que debe ser agora redactado pola arquitecta do Concello.
Entre as obras previstas na Gaiola atópase o asfaltado da 'práctica totalidade' dos viarios interiores do lugar, segundo sinala o Concello da Lama, e a mellora da accesibilidade a inmobles onde residen veciños de avanzada idade e, nalgún caso, de mobilidade reducida.