Os veciños de Mogor solicitan lombos ao Concello de Marín
Por Oskar Viéitez
As concelleiras de medio ambiente, Marián Sanmartín, e de turismo, Cristina Acuña, mantiveron este mércores unha reunión con representantes da Asociación Francisco Pérez Crespo de Mogor, nas que lles solicitaron unha serie de melloras na barriada.
Segundo informaron dende o goberno local, entre outras solicitudes os veciños demandaron a reparación dun viario que dá saída ás casas situadas baixo a muralla e a reparación dunha focha no monte.
Tamén reclamaron uns lombos para tentar reducir a velocidade excesiva dos coches e as motos pola zona, lles trasladaron a súa preocupación polas "reunións" de mozos na zona ata altas horas e a necesidade dunha campaña para que os donos dos cans recollan os excrementos dos seus animais.
As concelleiras, acompañadas do enxeñeiro municipal, estiveron a ver sobre o terreo todas estas cuestións ao obxecto de valoralas, realizar os labores previos para poder acometer algúns dos traballos que se propuxeron e tratar de dar canle a moitas das actuacións expostas.