Próxima cita co Puntazo, centrada nas estratexias de marketing nas industrias culturais
Por Redacción
A Casa da Luz acollerá o venres 17 de novembro unha palestra do programador cultural e DJ Víctor Flores sobre Estratexias de marketing nas industrias culturais e patrocinios nos eventos e festivais musicais. Flores foi director de Marketing Cultural de Red Bull España ata finais do ano pasado, e na actualidade é profesor en varios másters universitarios de xestión cultural, ademais de comisariar programacións para diferentes marcas e institucións.
A programación complétase con Playground Store que celebra o seu 14º aniversario dentro das actividades da xornada e o terceiro ano do programa #PontevedraTenunPuntazo, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica que ten como obxectivo dar a coñecer empresas creativas e innovadoras locais que xeran un valor engadido no ámbito da cultura e axudan á promoción da cidade neste eido.
Ademais haberá unha exposición de tabulas de skate, baixo o título Skateboard Collectors que nace con vocación anual e na que se reunirán selectos coleccionistas, que amosarán as xoias máis preciadas das súas coleccións.
Nesta primeira edición, o invitado será o pontevedrés Manuel Fuentes, que presentará "Powart, a Poward Exhibition", unha das marcas norteamericanas máis influentes desta década, e amosará a que é unha das coleccións máis completas de Galicia.
Coma remate das actividades, o broche final virá da man do selo discográfico Certain Music, que en dous anos de andaina editou seis referencias e vén de atravesar un último ano cargado de actividades no eido cultural.
Relacionadas:
-
RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: Un "speed dating" para conectar a mozos creativos con empresas do sector
Por Redacción |
-
Premio ás 'boas prácticas' de seis iniciativas culturais de Pontevedra
Por Redacción |
-
RADIO.- Víctor Flores tamén ten un Puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Viño, tapa e historias de Pontevedra para pasar a velada
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Ollo! Martinetes máxicos sobrevoan Pontevedra, conservade as súas plumas se as encontrades!
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: Quince anos de retranca Zentola
Por Marisa Ciordia |