Mosquera lamenta que o PP estea a "quentar a cabeza" aos veciños dicindo que os composteiros son ilegais
Por Oskar Viéitez
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira esixe ao goberno local "que cumpla la ley" xa que asegura que "no disponen de la autorización de gestor de residuos necesaria para la instalación de los composteiros comunitarios".
Nunha comparecencia en rolda de prensa, Moreira indicou que a obtención deste permiso "es obligatoria" y que "no me consta que lo hayan solicitado" polo que "no cumplen la legislación", concluiu.
Ao ser preguntado se vai denunciar esta suposta ilegalidade Jacobo Moreira dixo que "no lo sé" e engadiu que "esto lo sabemos desde hace tiempo" e que se non o levaron ante os tribunais é "para que luego no digan que ponemos palos en las ruedas". "No hemos formulado ninguna denuncia al respecto", confirmou.
O concelleiro de infraestruturas, César Mosquera, saíu ao paso desta "cuestión legal" para desvelar que unha inspección de Sanidade acaba de revisar a instalación dos composteiros concluíndo que "non hai ningún problema".
Mosquera precisou que a normativa existente fixa a obrigación de solicitar autorización en instalacións que superen as 50 toneladas diarias de residuos urbanos, cando un composteiro comunitario tarda un ano en alcanzar este volume. "Non habería ningunha posibilidade de pedir autorización porque as administracións (tanto a estatal como a autonómica) non teñen ningunha norma para concedela. É absurdo".
O edil nacionalista criticou a actitude de Jacobo Moreira "quentando a cabeza" con este tema porque "xa o soltou no Parlamento, anda dando voltas, foi a convencer aos de Monte Porreiro dicindo que eran ilegais e non se sabe en base a que".
O Partido Popular tamén esixiu ao goberno local "planificación, consenso y diálogo" na implantación da compostaxe e tamén pediu que cancele o contrato de aluguer asinado coa comunidade de montes de A Canicouva porque "no tiene sentido que el Ayuntamiento esté pagando 25.000 euros anuales por el alquiler de unos terrenos para los que no existe proyecto y ni tan siquiera se sabe cuando se van a utilizar".
Finalmente, Jacobo Moreira insistiu en que "el dinero invertido hasta el momento en el compostaje no redujo los residuos que el ayuntamiento envía a Sogama. No se ve ningún beneficio".
Tamén replicou estes datos o concelleiro César Mosquera sinalando que na provincia detectouse un incremento dun 2% na xeración de residuos "como consecuencia do aumento da actividade económica", mentres que no municipio de Pontevedra esta subida é do 0,2%. Na Boa Vila as nove illas de compostaxe instaladas están a tratar unhas 300 toneladas ao ano.
Por outra banda a edil de Cidadáns, María Rey, referiuse á polémica aberta no barrio de Monte Porreiro como "unha mostra máis da falta de xestión nun modelo de cidade que non é íntegro para o municipio".
Relacionadas:
-
A Xunta asegura que os composteiros comunitarios precisan unha autorización para a súa instalación
Por Oskar Viéitez |
-
A nova comisión veciñal de Monte Porreiro presenta un listado cos seus once obxectivos
Por Oskar Viéitez |
-
O PP local reúnese coa recén formada comisión de veciños de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
O PP esixe transparencia sobre a localización dos composteiros en Monte Porreiro e Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide "sentidiño" coa compostaxe para evitar que se converta nun "pesadelo"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica que os cartos investidos na compostaxe non reducen os residuos enviados a Sogama
Por Redacción |
-
Unha comisión supervisará a instalación de composteiros comunitarios en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Paralizan o despregue da compostaxe en Monte Porreiro ante a división veciñal
Por Alejandro Espiño |