VIDEO.- Chove no interior dos vestiarios de persoal do Hospital Provincial de Pontevedra
Por Redacción
Dous grandes recipientes atópanse instalados desde hai tres días nas instalacións dos vestiarios do persoal situados no Hospital Provincial de Pontevedra para evitar que a auga que cae do teito asolague todo o chan deste espazo que é empregado polos sanitarios para cambiarse de roupa.
Segundo informan traballadores do centro esta situación rexístrase desde hai máis de 48 horas sen que, ata o momento, se busca unha solución por parte da xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra. A única solución foi colocar dous colectores que recollen a auga que cae desde o falso teito.
A auga, como se pode ver no vídeo gravado na mañá deste mércores, cae en abundancia e o persoal deste centro hospitalario público reclámase unha intervención do servizo de mantemento.
Desde a Dirección do Complexo Hospitalario indícase que o incidente foi notificado esta mañá á xerencia a través dunha supervisora. Segundo indican, trátase dunha fisura dunha tubaxe e agardan que quede solventado ao longo desta xornada.