Remata a reurbanización do último treito da avenida de Vigo
Por Mónica Patxot
O pavimentado dos estacionamentos e a instalación de redutores de velocidade, coñecidos como lombos, poñen fin aos traballos de reurbanización do último treito da avenida de Vigo que comezaran a finais do mes de xullo. A intervención afectou aos 300 metros que van dende a rúa Luís Seoane ao entronque coa rotonda do Nó do Pino.
Na recta final dos traballos promovidos polo Concello de Pontevedra foi necesario cortar ao tráfico durante este martes a avenida de Vigo pois era preciso colocar maquinaria pesada na calzada. Arredor das 13.30 horas a rúa quedou aberta e a circulación restablecida
A obra fora adxudicada no seu día a empresa COVSA por 236.782,13 euros. A intervención feita dá continuidade á realizada no primeiro treito da avenida de Vigo -o que va dende a rotonda de Fernández Ladreda ata a rúa Luís Seoane- que se realizou durante a apertura da avenida Josefina Arruti.
As obras rematadas estenden o "modelo Pontevedra" a este tramo da avenida de Vigo o que queda reflectido após de acometer os seguintes traballos:
- Ampliación das beirarrúas, que agora teñen un mínimo de 3 metros
- Un carril de circulación
- Estacionamento en liña a ambos lados da rúa.
- Arborado na marxe dereita da rúa
- Mover o alumeado existente -renovado con anterioridade- e instalar novos farois
- Refacer toda a rede de sumidoiros.