Combarro brilla na televisión para ser o pobo "máis belo" de España
Por Alejandro Espiño
Un pobo belo de espírito mariñeiro e cheo de boa xente. Así presentaron a Combarro no programa Luce tu pueblo, emitido por Divinity -canle da TDT propiedade de Mediaset- e que busca elixir o pobo máis bonito de España.
A xornalista Verónica Dulanto trasladouse ao corazón das Rías Baixas para mostrar este domingo a toda España a beleza de Combarro, un lugar do que destacou que conserva intacto o seu espírito mariñeiro, e dos seus característicos hórreos fronte ao mar.
Durante o programa, os espectadores puideron gozar das fermosas vistas de Combarro desde o mar, das máxicas rúas do seu centro histórico ou da suculenta gastronomía que serven nos seus restaurantes.
Tras chegar ao porto de Combarro a bordo dunha dorna, a presentadora do programa foi recibida polo alcalde de Poio, Luciano Sobral, ante a capela de San Roque e ambos percorreron algúns dos cruceiros que hai no pobo, analizando as súas lendas.
Tamén houbo tempo para coñecer a varios dos veciños de Combarro como Tamara Curtas, portavoz da asociación Armadiña, un dos principais motores culturais do pobo que charlou coa condutora do programa sobre o seu torneo deportivo solidario ou o Armadiña Rock; Joaquín Fabeiro, presidente do club mariño da Reiboa, con quen falou da vinculación da vila co mar; ou Vicente Pérez, un redeiro que leva toda a vida traballando nas artes mariñas.
Ademais, xunto ao escritor Juan Rodiño, Verónica Dulanto coñeceu as historias asociadas ao cento de hórreos que hai en Combarro, y a continuación, Verónica Dulanto probou con Carlos Alvariñas as sardiñas do xeito, as zamburiñas ou a empanada de millo.
Foi antes de trasladarse ata o mosteiro de Poio, ao que cualificou como "imponente" durante a visita que fixo co pai superior, Arsenio Fernández
Para votar por Combarro como o pobo máis belo de España débese cubrir este formulario. O gañador converterase no escenario dunha iluminación moi especial durante o próximo nadal. O período de votación finaliza o próximo 28 de novembro e os dous finalistas enfrontaranse a unha nova votación entre o 29 de novembro e o 10 de decembro.
Relacionadas:
-
Poio estrea en Combarro a súa iluminación de Nadal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
"Os nenos de Poio van ter as Navidades máis tristes da comarca"
Por Oskar Viéitez |
-
Combarro chega á final de 'Luce tu pueblo' e está a un paso de ser o "máis belo" de España
Por Redacción |
-
A Illa de Arousa, por terra, mar e aire en "Volando voy" con Jesús Calleja
Por Alejandro Espiño |
-
Combarro, candidato a converterse no pobo máis belo e bo de España
Por Oskar Viéitez |