Nove escolares de Pontevedra e Poio, premiados no certame Ponte a conducir
Por Redacción
Como deberiamos saír do vehículo accidentado. Esa foi a temática elixida para os debuxos que se presentaron á cuarta edición do concurso Ponte a conducir, no que resultaron premiados nove alumnos de colexios de Pontevedra e Poio.
Todos eles recolleron os seus premios nun acto celebrado este sábado e que estivo presidido pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz.
Coa intención de premiar o esforzo e o gran interese demostrado por todos os participantes o xurado seleccionou oito dos mellores debuxos e recoñeceu o traballo dun proxecto realizado a través de redes sociais.
Os premiados foron Lois Álvarez Revenga e Fidel López Leal (CEIP Froebel), Iria Quintas Iglesias (CEIP Manuel Vidal Portela), Ángel Jorge Echeverry Baltar, Jara Rial García e Beltrán Rial García (CEIP Campolongo), Mario Vega González (CEIP Lourido), María Isabel Cochón Pérez (CEIP Isidora Riestra) e Zoe Gregorio Pereira (CEIP Álvarez Limeses).
A subdelegada quixo agradecer a todos os organizadores e colaboradores do concurso, principalmente á Plataforma Galega pola Seguridade Viaria, pola posta en marcha de accións deste tipo que tratan de concienciar desde idades temperás sobre a importancia da educación viaria desde diversos puntos de vista, xa sexa como condutor ou peón.
Ademais, búscase así involucrar a todos os axentes que poidan axudar a mellorar a seguridade nas estradas da provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Os colexios Froebel e Marcos da Portela inician o programa de charlas de seguridade viaria do Concello
Por Redacción |
-
Medio milleiro de traballos presentados ao Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero
Por Redacción |
-
Cen escolares de Infantil e Primaria aprenden seguridade viaria na Seca
Por Redacción |