O Porto de Marín consolida a súa actividade cunha subida no tráfico de mercadorías
Por Redacción
O tráfico de mercadorías no Porto de Marín subiu un 8,5% entre os meses de xaneiro e setembro en relación ao mesmo período do ano anterior.
Esta cifra, que consolida a actividade na instalación marinense, supón superar a media estatal, situada no 6,37% de crecemento.
A boa noticia para o porto é que de manterse a tendencia, pecharía o exercicio a final de ano nas súas mellores cifras por terceira anualidade consecutiva.
O capítulo que rexistra un maior incremento é o de mercadoría xeral, cunha subida do 35%, destacando o movemento de produtos como a froita, a pasta de papel, os compoñentes eólicos ou a pesca conxelada.
En total foron 400 os buques mercantes que fixeron escala en Marín ata o mes de setembro.
Relacionadas:
-
Ano récord no porto: movidas máis de 2,5 millóns de toneladas de mercadoría
Por Redacción |
-
O Porto de Marín supera os dous millóns de toneladas ata outubro
Por Redacción |
-
Acondicionan o local do viveiro de empresas de porto de Marín para demostración de produtos
Por Oskar Viéitez |
-
Catro buques coinciden este xoves en Marín descargando peixe conxelado
Por Redacción |
-
Marín move máis de 118.000 toneladas de froita ao ano a través do seu porto
Por Redacción |
-
O porto de Marín presenta os seus servizos para froita e hortalizas nunha feira internacional
Por Redacción |