Envían a prisión ao presunto violador en serie de Marín
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Marín ordenou este mércores o ingreso en prisión de José Luis G.M., o veciño desta localidade de 40 anos detido este martes como presunto autor de polo menos tres violacións cometidas na comarca do Morrazo entre xullo de 2016 e marzo deste ano 2017.
Segundo puido saber PontevedraViva, dúas das vítimas ás que está acusado de violar con grandes doses de violencia foran nas pasado noivas do seu irmán e unha delas mantén unha relación na actualidade con outro familiar.
Precisamente, a familia do home desprazouse este mércores ata os xulgado de Marín para poder velo e tanto a súa nai como o seu irmán quixeron manter a súa inocencia. Manifestaron que "é imposible que o fixera el" tanto á prensa presente nos arredores do xulgado como aos gardas que o trasladaron.
Outras fontes sinalaron que o home, que está casado e no pasado tentou acabar coa súa vida varias veces, non admitiu os feitos nin ante os investigadores nin ante a xuíza que leva o caso.
A Garda Civil deu a coñecer este mércores detalles da operación que deu lugar á súa detención, bautizada 'Geronta' e que continúa aberta. De feito, non se descarta a posible implicación do detido noutros feitos delituosos que aínda seguen investigándose.
O home pasou a noite nos calabozos da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e ás 13.48 horas deste mércores chegou aos xulgados de Marín custodiado por unha patrulla do instituto armado y con la cara totalmente tapada con una cazadora. Tras permanecer dúas horas e media no edificio xudicial de Marín, ás 16.23 abandonou os xulgados con destino á Comandancia da Garda Civil. Unha hora máis tarde, regresou a Marín e volveu comparecer ante a xuíza.
Dúas horas máis tarde, sobre as 19.45 horas, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaba que a xuíza ordenou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza. Engadiu que este mércores tamén se tomou declaración a dúas das vítimas e realizáronse outras dilixencias de investigación que eran necesarias para poder tomar unha decisión sobre a situación persoal do detido.
As tres vítimas teñen 36, 42 e 75 anos de idade e sufriron, segundo a Garda Civil, "aberrantes prácticas e vexacións" que lles produciron graves danos físicos e psicolóxicos. Requiriron asistencia médica polas feridas, os rachos e os golpes que presuntamente lles propinou o detido, que arroxou a unha delas auga quente sobre as pernas.
A súa 'serie' de delitos comezou en xullo de 2016 nun domicilio de Bueu ao que entrou á forza mentres a súa moradora durmía. Dous meses despois, en setembro, atacou presuntamente á traballadora dun bar de Cangas cando estaba a piques de pechar. A última, e tamén a que causou maior alarma social, data de marzo deste ano 2017 e tivo como vítima unha muller de 75 anos.
A anciá estaba soa na súa casa da localidade de Bueu a medianoite cando o asaltante entrou, atouna e amordazouna e, a continuación violouna, deixándoa atada durante horas, ata que, ben entrada a madrugada, logrou liberarse e acudiu a pedir axuda a uns veciños.
O Grupo de Delitos contra as Persoas da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra levou a investigación durante meses e sinala que resultou crucial a colaboración das vítimas, que axudaron a identificar e arrestar o presunto violado, e tamén as decenas de entrevistas persoais realizadas.
Os investigadores valoraron os perfís criminolóxicos de varios sospeitosos que xurdiron durante o proceso e finalmente quedaron cun deles como presunto autor ao ter en conta os resultados dos estudos xenéticos e os terminais telefónicos investigados.
Ademais, este martes realizaron un rexistro no domicilio no que vive coa súa esposa no que localizaron varios obxectos empregados durante as agresións, como un coitelo, unha pistola simulada, cinta illante, unha corda e a mochila descrita por varias testemuñas.
Relacionadas:
-
Nega ter agredido sexualmente a unha septuaxenaria na súa casa de Bueu
Por Oskar Viéitez |
-
Suspenden o xuízo contra o acusado de violar a unha muller de 75 anos por un posible caso de covid
Por Oskar Viéitez |
-
Piden 21 anos de cárcere para o home acusado de violar unha anciá en Bueu
Por Redacción |
-
Do 'donjuán' estafador ao heroe reincidente, un ano de sucesos
Por Natalia Puga |
-
A Garda Civil detén un veciño de Marín como sospeitoso de tres violacións no Morrazo
Por Natalia Puga |
-
Asaltan unha anciá de Bueu na súa casa e agrédena sexualmente tras amordazala
Por Redacción | Creada e actualizada