A Garda Civil detén un veciño de Marín como sospeitoso de tres violacións no Morrazo
Por Natalia Puga
A Garda Civil logrou esclarecer tres violacións rexistradas na comarca do Morrazo en, polo menos, os dous últimos anos e deter ao seu presunto responsable. Trátase dun veciño de Marín que foi arrestado este martes, pero do que apenas transcenderon datos.
Fontes consultadas por PontevedraViva confirmaron que este martes produciuse a detención e tamén se realizou un rexistro no seu domicilio. Está previsto que o home pase a noite nos calabozos da Comandancia da Garda Civil e sexa posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Marín nas próximas horas.
Ao detido atribúenselle, en principio, tres delitos de agresión sexual distintos ocorridos en distintas localidades da comarca do Morrazo, entre elas o dunha muller de 75 anos asaltada na súa vivenda de Bueu o pasado mes de marzo de 2017. A muller foi atada, amordazada e agredida sexualmente por un descoñecido que entrou na súa casa sobre as doce da madrugada. Tras varias horas, logrou liberarse e acudiu a casa duns veciños.
As outras dúas vítimas serían dúas mozas máis novas, pero, ata o momento, descoñécense máis detalles.
Relacionadas:
-
Piden 21 anos de cárcere para o home acusado de violar unha anciá en Bueu
Por Redacción |
-
Envían a prisión ao presunto violador en serie de Marín
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Asaltan unha anciá de Bueu na súa casa e agrédena sexualmente tras amordazala
Por Redacción | Creada e actualizada