Dúas persoas feridas nun choque en Sanxenxo
Por Redacción
Unha colisión entre dous turismos, ocorrida este luns en Sanxenxo, deixa dúas persoas feridas. O sinistro tivo lugar no quilómetro 12 da PO-550, en Rouquixe, na parroquia de Vilalonga.
Segundo informaron fontes oficiais do Concello de Sanxenxo, o sinistro produciuse cando un dos vehículos incorporouse á vía principal chocando cando o outro viña nese momento.
Os efectivos da Policía Local da localidade alertaron da situación ao 112 Galicia, ás 10:40 horas desta mañá. Segundo se indicaba, na zona estaban a producirse retencións de tráfico.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Salnés e á Garda Civil de Tráfico.