Poucas castañas para moito magosto
Por Redacción
A seca deste verán e outono provocou que haxa pouca castaña e ademais dunha calidade baixa nos montes das Rías Baixas. Con todo, esa circunstancia non impide que numerosas asociacións de veciños e distintos colectivos organicen o tradicional magosto con repartición deste rico froito asado.
Así sucedeu durante a tarde deste sábado na praza de Europa da urbanización de Monte Porreiro, organizada pola asociación O Mirador. Na carpa instalada nesta zona realizouse a repartición das castañas de maneira gratuíta entre os asistentes, que ademais puideron gozar dunha exhibición de zumba a cargo de Leo e Roberta.
Noutros puntos da cidade, tamén se aproveitou este sábado para celebrar o magosto. Así sucedeu na celebrada na praza da Curtidoira, organizada pola Asociación de Veciños de Eduardo Pondal e na parroquia de Campañó onde tamén se asaron chourizos e realizáronse diversas actividades que contaron con asistencia de numeroso público.