Case 90.000 persoas desembarcaron este verán na illa de Ons
Por Redacción
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia experimentou este verán un notable incremento no número de visitantes. Pero ao contrario do que se pode pensar, é debido ás visitas a Ons. Das case 8.000 persoas máis que visitaron as catro illas este verán, máis de 6.000 corresponden co arquipélago de Bueu.
Así, entre xullo e setembro, 88.306 persoas desembarcaron en Ons, fronte aos 82.104 rexistrados en 2016.
Un ano máis as illas Cíes foron as máis visitadas, dado que nos meses tres de verán rexistraron unha ocupación total de 216.975 persoas, unha cifra similar á de 2016, cando se contabilizaron 213.690 visitantes, o que representa un incremento de 1,5%.
Pola súa banda, as illas de Sálvora e Cortegada a pesar de rexistrar cifras similares ás de 2016, experimentaron un descenso no número de visitantes; leve, no caso de Sálvora, cun total de 7.261 persoas (14 menos que no pasado ano), e dun 7,5% no caso de Cortegada, con menos de 6.500 persoas, fonte aos 7.433 rexistrados entre xullo e setembro de 2016.
Tendo en conta a afluencia no que vai de ano, as illas do parque nacional xa superaron a barreira dos 400.000 visitantes, así como a cifra rexistrada no global de 2016 (400.465), xa que a data de 30 de setembro de 2017 un total de 427.610 persoas visitaron algunha das catro illas do parque, un 6,7% máis.
Relacionadas:
-
O peirao de Ons, candidato ao 'Rincón máis bonito' da Rede Natura
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Ons, fartos: "Levamos cos mesmos problemas 17 anos"
Por Alejandro Espiño |
-
Fixan en 1.800 o número máximo de visitantes ao día en Ons
Por Redacción |
-
A Xunta propón incluír o Parque Nacional das Illas Atlánticas na lista de humidais de importancia internacional Ramsar
Por Redacción |
-
A Universidade de Vigo instala un medidor de ozono na illa de Ons
Por Redacción |
-
Avistan unha gran balea azul fronte á illa de Ons
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu pide a Sanidade un médico para a illa de Ons durante o verán
Por Redacción |