Os pontevedreses enchen os cemiterios para visitar os seus difuntos
Por Redacción & Diego Torrado
Centos de persoas visitaron este mércores os cemiterios da comarca de Pontevedra para cumprir coa tradición da xornada festiva de Todos os Santos: a habitual visita familiar aos defuntos enterrados neles.
O camposanto de San Amaro volveu a ser, como todos os anos, un dos máis concorridos durante este día de recordo daqueles que xa non están entre nós.
As escenas familiares repetíronse por toda a comarca, con xente adornando os nichos con flores frescas e presentado os seus respectos aos falecidos.
Para evitar que se producisen incidentes nos accesos aos cemiterios, a Policía Local despregou un operativo especial de tráfico que, a pesar de todo, non puido impedir que se producisen os tradicionais atascos nas inmediacións de San Amaro.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Falemos da morte
Por Marisa Ciordia |
-
O aroma das flores inunda A Ferrería
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Policía Local pon en marcha un operativo de tráfico nos camposantos
Por Oskar Viéitez |
-
Coidado! Achégase o Día de Defuntos e regresan os ladróns especialistas en cemiterios
Por Redacción |