Pontevedra somérxese nunha nova edición da súa Outubrofest
Por Redacción & Diego Torrado
Ata a praza do Teucro achegaranse durante o próximos cinco días os amantes da boa cervexa. Pontevedra celebra a novena edición da Outubrofest, unha festa de inspiración alemá organizada polo Pontevedra Rugby Club.
Foron moitos os pontevedreses que, xa no seu primeiro día, achegáronse ata a carpa que acolle esta festa gastronómica na que volveron reinar tanto a cervexa como as salchichas ou o codillo, os principais pratos que se serven.
Todo iso a prezos populares. As salchichas de medio metro pódense degustar por 7 euros, as dun metro a 12 e o codillo a 7 euros. As cervexas oscilan entre os 3,50 euros do medio litro de rubia aos 7 euros o litro da torrada.
A carpa permanecerá aberta ao público todos os días de 12.00 a 24.00 horas, ata o próximo 5 de novembro.