36.000 euros en roupa falsificada requisa a Garda Civil nun control en Sanxenxo
Por Redacción
Unha nova operación policial contra a roupa falsificada volveu a poñer os seus ollos nos mercadiños de Sanxenxo. Os axentes lograron incautar preto de setecentas pezas deportivas, cuxo valor no mercado supera os 36.000 euros.
A roupa foi localizada nun punto de control de vehículos de Sanxenxo. O condutor, segundo o instituto armado, dirixíase ao mercado de Portonovo para vender os artigos falsificados.
Nun vehículo, atopáronse diferentes pezas deportivas como uniformes de equipos de fútbol ou sudadeiras con etiquetas, supostamente falsificadas, de acreditadas firmas comerciais.
Ao comprobar que carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, os axentes requisaron toda a roupa.
As dilixencias, que se seguen por dous presuntos delitos contra a propiedade industrial, foron entregadas, xunto coa roupa aprehendida, no xulgado de instrución de garda de Cambados.
Relacionadas:
-
Incautan unha partida de roupa e calzado deportivo falsificado no mercadiño de Portonovo
Por Redacción |
-
A Garda Civil requisa unha partida de roupa falsificada no Grove
Por Redacción |
-
Incautan máis de 3.000 euros en roupa falsificada no mercadiño de Caldas
Por Redacción |
-
A Policía Local retira 1.262 pezas de roupa falsificadas á venda nas Festas da Peregrina
Por Redacción |