Concentración contra a aplicación do artigo 155 da Constitución
Por Mónica Patxot
A aplicación do artigo 155 solicitada polo Goberno de Mariano Rajoy ao Senado para intervir en Cataluña despois da declaración unilateral de independencia provocou que a Plataforma Galiza con Catalunya convocase para as últimas horas da tarde deste venres unha concentración en diferentes prazas de Galicia.
En Pontevedra, o acto de protesta desenvolvíase na praza da Peregrina e os representantes do BNG, que apoiaban a concentración, mostraron a súa oposición ao que consideran unha actuación golpista por parte do Goberno do Estado, que entenden que terá consecuencias sobre o pobo galego.
Ao acto asistiron os concelleiros de Pontevedra Alberto Oubiña e Demetrio Gómez, ademais da deputada do BNG, Eva Vilaverde.
No Salnés tamén se realizaba outra concentración na Praza de Galicia no Concello de Vilagarcía de Arousa apoiando aos independentistas cataláns.