Ferida grave unha persoa tras ser atropelada en Carril
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida de consideración despois de ser atropelada por un turismo este venres en Vilagarcía de Arousa.
Segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 9:30 horas da mañá á altura do número 209 da rúa Rosalía de Castro, no lugar de Carril.
Foi un particular o primeiro en alertar do sucedido. Tamén os servizos sanitarios deron conta da súa atención indicando que se trataba dun atropelo grave.
O 112 Galicia trasladou aviso do accidente á Policía Local, Bombeiros do Salnés e ao servizo de emerxencias municipal.