"Xa é hora de que a Policía Nacional e a Garda Civil deixemos de ser a policía low cost"
Por Natalia Puga
Axentes da Policía Nacional e a Garda Civil concentráronse este venres ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra para reclamar unha subida salarial que equipare os seus soldos aos dos Mossos d'Esquadra e a Ertzaintza, dous corpos de policía autonómica que de media gañan ao redor de 600 euros máis.
"Simplemente é iso, a igual traballo, igual soldo", reclamou ante a Subdelegación Vicente Portela, o portavoz en Vigo da asociación Jusapol, creada a nivel estatal para reclamar a equiparación salarial e que conta co apoio dalgúns sindicatos policiais e as asociacións da Garda Civil.
Vicente Portela criticou que "temos uns soldos máis baixos e unhas condicións inferiores" e, a preguntas dos medios, indicou que a diferncia salarial rolda aproximadamente uns 600 euros ao mes, pero nalgúns casos incluso a diferenza salarial é maior. "Un policía de base recentemente saído da academia, segundo destinos, pode andar nuns 1.500 euros e un Mosso ou un Ertzaintza está nuns 2.100 aproximadamente", explica.
Os convocantes leron un manifesto no que reclamaron que "xa non nos vale a vella escusa de que non hai diñeiro porque diñeiro hai e demostráronnolo ultimamente co rescate bancario e o das autoestradas" e manifestaron que chegou o momento de "dicir xa abonda" e "plantarnos fronte ao goberno e mostrarlles a eles ao resto da sociedade española que tanto nos apoia nuetra hartazgo e descontente por esta gran inxustiza".
"Xa é hora de que a Policía Nacional e a Garda Civil deixemos de ser a policía low cost", reclamaron os manifestantes, que piden que se lles equipare os salarios, pero tamén que desapareza a perda de poder adquisitivo ao chegar á xubilación, unha subida no pago das horas e servizos extraordinarios e que se lles paguen as asistencias a xuízos, como xa ocorre no resto de corpos policiais.
Relacionadas:
-
Policías e gardas civís demandarán equiparación salarial nas rúas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Jupol, sindicato herdeiro de Jusapol, toma posicións na Comisaría de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Membros da Garda Civil e da Policía Nacional, molestos nas redes porque o PP non apoiou no pleno a equiparación salarial
Por Redacción |
-
Policías e gardas civís recollen firmas pola igualdade salarial con outros corpos
Por |
-
O 'barco de Piolín' e o procés cóanse no pleno de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Policías piden en Pontevedra medidas urxentes para frear o "acoso" e "persecución" que sofren en Cataluña
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Apoio policial desde Pontevedra aos axentes das forzas de seguridade en Cataluña
Por Redacción |