Kókua, estilo italiano para todos os talles
En apenas un mes desde a súa apertura, Kókua converteuse na tenda de roupa de referencia no centro de Pontevedra.
Un dos aspectos máis valorados polas súas clientas é a aposta por deseños traídos de Italia, país ao que Bea Araújo, a responsable de Kókua, viaxa polo menos cada dous meses: "moda italiana porque me encanta o estilo e cando decidín abrir quería poñer algo distinto; a roupa española tamén me gusta, por iso intercalo firmas españolas, pero eu creo que os italianos marcan aí a diferenza e como a idea da tenda é ter roupa súper ponible pero distinta e con estilo, non ser unha máis... E os italianos para min cúmpreno, por iso o da moda italiana".
Estas viaxes tradúcense nun stock diferente, onde a clienta pode atopar pezas seleccionadas e un asesoramento próximo e profesional: "a roupa personalízoa moito, escólloa, non merco coleccións completas, compro roupa solta e fago conxuntos".
E pensando en todas as mulleres, Bea quere destacar que contan cun amplo abano en talles, porque nalgunha ocasión ela mesma atopouse con este problema, por iso "non en todo, pero si hai varios talles, desde pequeniño ata grande, cun 46 ou 48 nalgunha peza".
O 6 de outubro abría as súas portas Kókua, no número 22 da céntrica rúa da Peregrina, cunha gran promoción de apertura con descontos do 20%. A experiencia foi tan positiva que Bea Araújo pensa en facer promocións periódicas que irá anunciando na propia tenda e no seu Facebook.
Kókua coida todos os detalles, como se pode comprobar tamén na decoración ou nos complementos: "as pulseiras, colares e pano curto son dunha moza que os fai en Vigo e véndemos en exclusiva para Pontevedra, cun prezo medio, ademais. E os fulares son de seda ou de la e viscosa e tamén feitos a man, dunha empresa de Guipúscoa".
Incluso o propio nome, Kókua, garda unha historia cargada de agarimo, como nos explica Bea Araújo: "A miña avoa faleceu en xuño e estaba moi unida a min e a toda a miña familia porque era unha persoa moi especial e eu quería que, dalgunha forma, levase algo dela, por exemplo, a máquina de coser que está exposta na tenda é dela. E non era fácil, porque o alcume polo que a chamabamos xa o teñen outras tendas de roupa preto e ao final caemos neste nome, Kókua, que é o seu nome en hawaiano e porque a tenda é para ela, na súa honra".
Kókua abre de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00, e os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:00, na rúa Peregrina, número 22, de Pontevedra.