Combarro, candidato a converterse no pobo máis belo e bo de España
Por Oskar Viéitez
A localidade de Combarro compite con Grazalema, Vilafamés, Ezcaray, Sos del Rey Católico e Guadalupe para converterse en "o pobo máis belo e bo de España".
Este xoves tivo lugar a rolda de prensa de presentación da candidatura de Combarro para o concurso "Luce tu Pueblo" que organiza a marca Ferrero Rocher para recoñecer a aquelas localidades que destacan pola súa beleza paisaxística e arquitectónica única e que destacan, tamén, polos seus esforzos para axudar aos demais e a súa riqueza gastronómica.
Esta iniciativa conta tamén co patrocinio de Mediaset para que toda a audiencia do seu programa "Luce tu Pueblo" poida colaborar e ser partícipe desta acción, votando o seu pobo favorito entre as seis vilas protagonistas.
A emisión do primeiro programa, dun total de 9 previstos, empezou o domingo 15 de outubro e na canle Divinity e conta coa colaboración de Verónica Dulanto como presentadora e de Jesús Vázquez como "embaixador".
A audiencia do programa poderá participar co seu voto a través de internet e o resultado darase a coñecer o sábado 16 de decembro de 2017. O pobo gañador das votacións será escenario dunha iluminación do Nadal especial.
Os organizadores desta iniciativa destacaron que Combarro conta cunha das maiores coleccións de hórreos fronte ao mar de todo o norte de España. "Un indiscutible espectáculo paisaxístico", sinalaron. "O combarreses son xente boa, preocupada pola súa contorna, pola súa cultura, e pola axuda aos máis necesitados", indicaron os organizadores en referencia ás múltiples asociacións e organismos sensibilizadas con diversas causas solidarias.
Relacionadas:
-
Combarro chega á final de 'Luce tu pueblo' e está a un paso de ser o "máis belo" de España
Por Redacción |
-
Combarro brilla na televisión para ser o pobo "máis belo" de España
Por Alejandro Espiño |
-
Poio destinará 60.000 euros en axudas para conservar os hórreos e palleiras de Combarro
Por Redacción |