Carmela Silva impulsa na FEMP unha declaración pedindo un cambio de modelo forestal
Por Redacción
A comisión de Deputacións e Cabidos da Federación Estatal de Municipios e Provincias (FEMP) aprobaba unha declaración institucional este mércores impulsada por Carmela Silva debido aos incendios que sufriron Galicia, Asturias e Castela e León, así como Portugal durante as últimas semanas.
Nesta declaración recóllese a necesidade de que o consello de ministros, previo informe das comunidades autónomas, declare os territorios queimados como zonas afectadas gravemente por unha emerxencia de protección civil, que permita a adopción urxente de axudas para a recuperación socioeconómica e ambiental, ademais de que sirva para adoptar medidas que reduzan as consecuencias dos incendios forestais.
Nesta declaración tamén se reclama un cambio de modelo na política forestal no que todas as administracións participen na súa elaboración, incluíndo deputacións e concellos.
A próxima reunión desta comisión celebrarase na provincia de Pontevedra e a Deputación Provincial que preside Carmela Silva será a súa organizadora.
Por outra banda, os concellos e as deputacións solicitarán ser interlocutores e participar no deseño dos novos fondos estruturais da Unión Europea para o período de 2021-2028 coa idea de expor a importancia que teñen as entidades locais no medio rural ante os desafíos de despoboamento.
Relacionadas:
-
Presidentes de todas as deputacións de España reuniranse en Pontevedra
Por Redacción |
-
CC.OO. reclama á Deputación que destine axudas para as persoas afectadas polos incendios
Por Anxo Lourido |
-
Carmela Silva pedirá a Goberno e Xunta que declare Galicia "zona afectada gravemente" tras os incendios
Por Diego Espiño & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Carmela Silva insta á Xunta e ao Goberno de España a habilitar "todas as axudas necesarias" polos lumes
Por Redacción |