Dale la vuelta fai unha parada especial para lembrar cal é o "leit motiv" deste programa que cada quince días ofréceche PontevedraViva Radio.
Cumpre o seu primeiro ano de emisións e con María González, enfermeira, matrona e educadora en saúde aprendemos a darlle a volta a situacións cotiás, máis ou menos habituais ou excepcionais mesmo. Dálle a volta para instalarte no benestar.
María González utiliza o Método Integra como medio para traballar o "crecemento persoal". Unha ferramenta para coñecerse a si mesmo corporalmente, mentalmente, emocionalmente, en canto a crenzas, capacidades, hábitos ... e por tanto aprender a vivir no confort cun mesmo, cos demais e coa contorna.
E se che interesa algún tema en especial ou che xorde algunha dúbida escoitando os programas, María González responde no mail mariadalelavuelta@gmail.com