Os orzamentos da Xunta inclúen fondos para o novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez
O goberno de Sanxenxo trasladou a súa satisfacción pola inclusión nos orzamentos da Xunta para 2018 dunha partida de 300.000 euros para o novo colexio de Vilalonga. Este diñeiro permitirá a redacción do proxecto de execución e a súa licitación e está comprometida outra partida de 3.410.000 euros no orzamento do 2019, que permitirá a construción do colexio.
Os terreos do novo colexio xa son na súa totalidade do Concello e nestes momentos a documentación está no Catastro, que ten que realizar unha rectificación catastral. Unha vez feita, o Concello poderá rexistrar ao seu nome a totalidade dos terreos e inmediatamente cedelos á consellería.
O goberno bipartito de Sanxenxo está "moi satisfeito porque o colexio de Vilalonga é o proxecto máis importante, dos que dependen da Xunta, do pacto de goberno asinado entre SAL e o Partido Popular".
Neste documento hai outros proxectos "sen dúbida tamén moi relevantes, pero dependen doutras administracións", apuntan desde o goberno local. É o caso das actuacións na costa, a construción do edificio cultural de Vilalonga ou a rehabilitación do Pazo Quintáns, por citar algúns exemplos.
Relacionadas:
-
O pleno de Sanxenxo aprobará a posta a disposición definitiva dos terreos do Revel
Por Redacción |
-
Sanxenxo aprobará a posta a disposición "definitiva" da Xunta dos terreos para o colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo presenta un orzamento de case 32 millóns para 2018
Por Alejandro Espiño |
-
Telmo Martín destaca que o compromiso co novo colexio de Vilalonga "agora si que é real e contundente"
Por Oskar Viéitez |
-
O novo centro educativo de O Revel, protagonista da reunión entre Cores Tourís e Gonzalo Pita
Por |