O acusado do doble crime de Arbo, ao xurado: "Son inocente. Xamais mataría a ninguén"
Por Alejandro Espiño
Esa foi a contundente frase coa que Arturo Domínguez, o acusado polo crime de Arbo, quixo dirixirse ao xurado ao remate da vista oral. "Son inocente. Xamais mataría a ninguén", asegurou, negando ter disparado na cabeza a Beatriz Domínguez, a súa ex parella, e ao noivo desta, Sergio Rodríguez, cuxos cadáveres apareceron nun monte da localidade.
O xurado comezará a deliberar o seu veredicto á primeira hora deste martes.
Para o fiscal, que solicita 46 anos de prisión por este dobre asasinato, "no hay duda" de que o acusado asasinou "brutalmente" a Sergio e Beatriz. Fíxoo, engadiu, nunha zona boscosa e "poco frecuentada" e sen que ningunha das vítimas tivese posibilidade algunha de defenderse.
"Los acechó y de un certero disparo, hecho por alguien experimentado, les voló la cabeza, primero a Beatriz y después a Sergio", sinalou o representante do ministerio público.
No seu informe de conclusións, o fiscal fixo referencia ás "contradicións" na declaración do acusado, á súa negativa para colaborar coa investigación, ás declaracións das testemuñas "incluidos sus amigos" que referiron os seus malos tratos ou ao feito de que "sabía perfectamente" os hábitos de Beatriz porque estivera seguíndoa "durante meses", xa que quería ter un "control absoluto" sobre a súa ex parella.
Con todo iso, de forma conxunta, "no necesitamos nada más" para demostrar a súa culpabilidade.
O avogado da acusación particular, que representa ás familias das vítimas, asegurou que hai "pruebas aplastantes" contra o acusado e que este crime "se veía venir".
Foi a "crónica de una muerte anunciada" e, máis aló dos argumentos da Fiscalía, explicou que a "puntilla" foi a falta de coartada de Arturo Domínguez, ao que as antenas de telefonía sitúan en Arbo á hora na que se cometeu o crime e non no seu domicilio de Padrenda (Ourense) como alegou ante o tribunal.
"A todas luces se ha demostrado que esa coartada es falsa", sinalou o letrado, que solicita 50 anos de prisión para o acusado, xunto coa prohibición de comunicarse ou achegarse a menos de 300 metros dos familiares das dúas vítimas durante 33 anos e que sexan indemnizados polo dobre asasinato.
O avogado da defensa, pola súa banda, reiterou que Arturo Domínguez debe ser absolto de todos os cargos, xa que destacou que existen "pruebas objetivas" de que o acusado "no cometió los delitos que se le atribuyen".
Así, lembrou que non se atoparon restos de pólvora nin nas mans do acusado nin na roupa que levaba o día do crime e que, segundo os indicios, os asasinatos non se cometeron antes das catro da madrugada. "A esa hora estaba ya en su casa de donde no salió hasta las seis de la mañana", engadiu, antes de volver sembrar as dúbidas sobre presuntas irregularidades na fase de instrución.
Relacionadas:
-
Condenan o acusado do dobre crime de Arbo a 47 anos de prisión
Por Natalia Puga |
-
VIDEO.- Despiden con berros de "asasino" a Arturo Domínguez, culpable do crime de Arbo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As antenas de telefonía sitúan o acusado do crimen de Arbo preto do lugar onde apareceron os cadáveres
Por Alejandro Espiño |
-
O control "obsesivo" do acusado do crime de Arbo permitíalle saber "en todo momento" o que facía a súa ex parella
Por Alejandro Espiño |
-
O acusado polo crime de Arbo estaba "obsesionado" coas vítimas e amenazábaas, segundo as testemuñas
Por Alejandro Espiño |
-
"Llevo 27 meses en prisión y no sé por qué", di o acusado polo crime de Arbo
Por Alejandro Espiño |