Marea Pontevedra asegura que os orzamentos da Xunta "esquecen" moitas das demandas "históricas" da cidade
Por Oskar Viéitez
Para Marea Pontevedra os orzamentos da Xunta "volven a esquecerse" das demandas procedentes da cidade de Pontevedra. Lamentan que o goberno do Partido Popular "continua sen escoitar" moitas das demandas que o grupo liderado por Luís Rei leva defendendo desde que forma parte da corporación municipal, directamente no Concello ou a través de En Marea no Parlamento galego.
Para esta formación política é "un orzamento centrado no cemento". Admiten que pese a destinar unha gran parte do gasto para a cidade en infraestruturas "quedan esquecidas demandas importantes, das que algunhas xa foron desatendidas no orzamento do ano pasado despois de ser presentadas, como emendas, por Marea Pontevedra".
Sinalan nomeadamente o saneamento no rural, a recuperación integral da ría, a estrada de Vilagarcía e variante de Alba ou a falta de inversión en materia forestal.
Finalmente critican que este orzamento "esquece ás persoas" ao non contemplar novas escolas infantís na cidade, nin residencias da terceira idade e tampouco transporte público.
Relacionadas:
-
A violencia de xénero ou a pobreza, asuntos esquecidos pola Xunta nos seus orzamentos segundo Cidadáns
Por Redacción |
-
Para o PSOE pontevedrés os orzamentos da Xunta son "absolutamente decepcionantes"
Por Diego Espiño |
-
O Concello, satisfeito de que a Xunta "levantase o veto" investidor en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O PP presenta os orzamentos afirmando que "Feijóo cumple lo que promete"
Por Redacción |