Pontevedra conxelará por cuarto ano consecutivo todas as taxas e impostos municipais
Por Natalia Puga
O Concello de Pontevedra conxelará no ano 2018 todas as taxas e impostos municipais. Será xa o cuarto ano consecutivo sen modificación na carga impostiva dos pontevedreses, que subiu por última vez no ano 2014.
A Xunta de Goberno local deste luns aprobou a conxelación, que se aplicará aos cinco impostos municipais -IBI, IAE, ICIO, Plusvalía e Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)- e a 20 ordenanzas de taxas, ademais da unha ordenanza xeral de xestión e a outra de contribucións especiais para os vehículos de bombeiros.
Segundo indicou o portavoz do goberno local e concelleiro de Facenda, Raimundo González, o acordo é "un dous pasos previos para a posta en marcha do orzamento" municipal de Pontevedra de 2018. O goberno local empeza a avanzar para a tramitación, aínda que non poderá avanzar moito máis alá ata que o goberno central empeza a tramitar os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) e fixe os salarios dos funcionarios e as transferencias que fará aos concellos.
González Carballo explica que se descoñece cales serán as cantidades que se manexen nos orzamentos municpales, pero o que si saben é que a presión fiscal non se incrementará, seguindo a tendencia que mantén a Pontevedra como un dos municipios coa presión fiscal máis baixa.
Esta conxelación das taxas e impostos non terá que ir ao pleno da corporación, pois non se produce ningún cambio con respecto ao ano anterior que requira aprobación plenaria.
O último ano en que en Pontevedra se subiron as taxas foi 2014. En concreto, incrementáronse dez taxas municipais: auga, lixos, saneamento, extinción de incendios, cemiterios, veladores, plusvalía, vehículos, servizos especiais e caixeiros das entidades bancarias situados na rúa. O resto levan conxeladas un ano máis.
Relacionadas:
-
Pontevedra prevé ingresar 2,2 millóns polo imposto de actividades económicas a grandes empresas
Por Alejandro Espiño |
-
Marea propón incluír no orzamento de 2018 un plan de emprego xuvenil
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello asumirá a "gran maioría" das propostas veciñais ao orzamento municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Os impostos e taxas municipais, conxelados por terceiro ano consecutivo
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Pontevedra subirá 10 taxas municipais en 2014 e conxela o IBI
Por Redacción |