A DGT inicia este luns unha campaña especial de vixilancia en vías secundarias
Por Redacción
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) pon en marcha este luns 23 de outubro, e ata o domingo 29 incluído, unha nova campaña especial de vixilancia nas estradas convencionais da provincia e de toda Galicia.
O obxectivo céntrase en mellorar a seguridade viaria nestas estradas logrando comportamentos máis seguros.
Así dentro desta campaña os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil vixiarán non só a velocidade, os adiantamentos indebidos, a inxesta de alcol ou drogas, senón que tamén centrarán os seus controis no uso do casco e sistemas de retención, así como na utilización de teléfonos móbiles.
Ademais, prestarán especial atención a todas aquelas manobras que polo seu perigo teñen unha maior incidencia sobre a accidentalidade.
Os controis nas estradas da provincia intensificaranse por tanto durante toda a semana, nunha campaña enmarcada dentro da Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 da DXT.