Dúas persoas resultan feridas nunha saída de vía en Marín
Por Redacción
Dúas persoas resultaban feridas ao redor das 14.30 horas deste venres 20 cando o vehículo en que viaxaban saía da vía.
O accidente rexistrábase na variante de Marín, concretamente no punto quilométrico 4, en dirección á vila marinense, segundo a información facilitada polo 112 Galicia.
Un particular e o 061-Urxencias Sanitarias alertaba do sinistro ao Servizo de Emerxencias do 112.
De maneira inmediata, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) avisábase á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, ao servizo de mantemento da estrada e aos Bombeiros do Morrazo.