O luns 23 comeza a campaña de vacinación para enfrontarse á gripe
Por Redacción
A Consellería de Sanidade inicia o luns 23 de outubro a campaña de vacinación antigripal na provincia, que se prolongará ata o 29 de decembro de 2017. A Xunta de Galicia adquiriu 560.000 dose para esta campaña autonómica.
Como todos os anos, o obxectivo atópase en minimizar o impacto na saúde da gripe na poboación galega mediante a vacinación.
Deben solicitala todas aquelas persoas con 60 ou máis anos e as persoas que contan desde 6 meses ata 59 anos e pertencen a un grupo de risco. Neste grupo atópanse as persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias, persoas institucionalizadas con procesos crónicos, con enfermidades metabólicas crónicas como a diabetes ou con inmunodeficiencias. Tamén se inclúe aos menores con tratamentos prolongados de aspirina; persoas con obesidade mórbida e mulleres embarazadas.
Tamén se integran neste colectivo os traballadores de centros sanitarios e de residencias, así como persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade como policías e bombeiros.
En 2016, administráronse nos centros sanitarios de Pontevedra-O Salnés 49.986 doses.