De rosa contra o cancro de mama
Por Redacción & Mónica Patxot
Unha de cada oito mulleres arríscase a padecer cancro de mama ao longo da súa vida. É un dos datos que quixo divulgar este xoves 19 de outubro a Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Pontevedra e Marín, coincidindo co Día Mundial Contra o Cancro de Mama, para concienciar á poboación sobre esta enfermidade.
A AECC explica que este tipo de cancro xa que representa case o 30% do total de tumores diagnosticados en mulleres no noso país, de aí a importancia da prevención e da investigación para facer fronte a esta doenza.
Un ano máis, a asociación vestiu de rosa a cidade. Fíxoo na rúa Rosalía de Castro e a praza de San José, onde grazas á colaboración de numerosos voluntarios ofreceuse información sobre este tipo de cancro, produtos de merchandising (lentes, pulseiras e paraugas solidarios) e instalouse un photocall para unirse ao hasthag #tuluchaesmilucha.
Nesta actividade tamén participaron os comerciantes da zona, que encheron os seus establecementos de distintivos desta campaña, xunto con decoracións sorpresa en árbores e farois.
A campaña tamén se desenvolveu en Marín. Un grupo de voluntarias encargouse de concienciar ás veciñas do municipio, mostrando o seu apoio a todas aquelas persoas que sofren cancro de mama e están a loitar contra esta enfermidade.