O castelo de Soutomaior, a través da mirada dos nenos
Por Redacción
Nenos de educación primaria do colexio San José realizaron nos últimos días unha visita moi especial a unha das xoias patrimoniais da provincia de Pontevedra: o castelo de Soutomaior.
Ao longo de tres xornadas, a última delas o pasado 11 de outubro, todos eles coñeceron a lendaria historia deste castelo.
Así, percorreron os diferentes accesos ao castelo, a coñecida como Torre de Homenaxe, o patio de armas ou o calabozo, onde chegaron mesmo a ver a un "preso".
Ademais, aproveitando esta visita, os nenos pasearon por unha das sendas peonís habilitadas no complexo para acudir ás diferentes zonas de cultivo, os xardíns e os edificios que integran todo este ámbito.
Xunto coa pousada, onde se situaba o antigo hospital, os alumnos do colexio San José visitaron a carpa de celebracións, o edificio onde o persoal da leira garda todo o seu material ou os hórreos que abundan nos terreos do castelo.