Actuación de urxencia para asegurar o cedro da rúa Pastor Díaz
Por Diego Torrado
A caída dunha ponla de gran porte obrigou a unha actuación de urxencia por parte dos bombeiros de Pontevedra para asegurar o cedro da rúa Pastor Díaz.
Sucedeu este mércores. A Policía Local cortou a rúa ao tráfico rodado e peonil durante a mañá para proceder a pódaa e asegurar o resto de elementos desta árbore situada no patio traseiro da Subdelegación de Defensa, na contorna das Palmeiras.
O camión escaleira dos bombeiros foi empregado para acometer estes labores que estiveron supervisadas por un técnico municipal da concellería de xardíns que comprobou o estado deste centenario exemplar de cedro do Himalaya.