Rueda cualifica de "exabruptos" os ataques de Carmela Silva e cre que ten medo a perder a Deputación
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, cre que o "medo a perder" o goberno da Deputación Provincial foi o causante da intervención da presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, deste mércores na que reclamou o cesamento do segundo máximo responsable do goberno de Núñez Feijóo pola mala xestión dos incendios forestais durante estes últimos días.
Ante a pregunta no Parlamento de Galicia da deputada socialista Patricia Vilán sobre a utilización de fondos públicos para levar a cabo mocións de censura, o vicepresidente da Xunta evitou lanzar unha resposta directa aos "exabruptos" e aos "insultos" que, segundo indicou, realizou a presidenta provincial definíndoo como a persoa máis negativa da política galega.
Alfonso Rueda si aproveitou para criticar o "uso partidista e obsceno" que está a realizar o goberno do PSOE e do BNG na Deputación pontevedresa facendo alusión a que hai alcaldes que aínda non foron recibidos tras dous anos de goberno bipartito.
Rueda xustificou a recente moción de censura en Tui referíndose ao "desgoberno" que se mostraba nese concello e asegurou que nin a Xunta nin o Partido Popular fan manobras para cambiar alcaldías e "moito menos comprometendo fondos públicos".
Relacionadas:
-
CC.OO. reclama á Deputación que destine axudas para as persoas afectadas polos incendios
Por Anxo Lourido |
-
O motivo "principal" dos incendios, di o PSOE, son os "bandazos" da Xunta coas emerxencias
Por Alejandro Espiño |
-
O PP provincial pide a Rueda "que non lle entre ao trapo" ás declaracións de "auténtica hooligan" de Carmela Silva
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A presidenta da Deputación pide a Núñez Feijóo o cesamento de Alfonso Rueda por "incompetente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |