Cerdedo-Cotobade activa a reparación de fontes e vías municipais
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de activar os traballos de reparación de vías municipais, habituais cada ano durante o outono, co obxectivo de mellorar as condicións e a seguridade das pistas e acondicionalas cara o inverno.
Nesta ocasión, as tarefas, desenvolvidas pola brigada municipal de Obras, arrancaron nos lugares de San Martiño e Loureiro, na parroquia cerdedense de Figueiroa, e extenderanse nas vindeiras semanas a outros puntos do termo.
Por outra banda, o Concello vén de concluír o proxecto de rehabilitación e posta en valor da emblemática Fonte de Frade, situada no lugar do mesmo nome pertencente á parroquia cotobadesa de Loureiro. Esta actuación enmárcase no proxecto municipal de recuperación de 14 estruturas de auga e mananciais públicos, orzamentado en 60.000 euros e financiado coa partida do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) 2017.
Este proxecto estase executando integramente en Cotobade e consiste na rehabilitación integral de mananciais públicos pertencentes ás parroquias de Tenorio, Augasantas, Corredoira, Carballedo, Loureiro e Borela.
En concreto, actúase nas fontelavadoiros do Carballal (Torrevella-Tenorio), Fontiña (Covas-Tenorio), Moura (Castro-Tenorio), As Pozas (As Boliñas-Augasantas), Campodanta (Campodanta-Augasantas), Fontán (O Fontán-San Xurxo de Sacos), O Cano (O Lombiño-Corredoira), Frade (Frade-Loureiro) e A Pareiriña (Pazos de Borela) e das fontes da Ferreira (Vilanova-Tenorio), Esperiña (Esperiña-Carballedo), As Barreiras (Trabazo-Carballedo), A Canle (Trabazo-Carballedo) e A Cuqueira (A Cuqueira-Carballedo).
Relacionadas:
-
O Concello acondiciona o lavadoiro de Quireza e o local social de Vilalén
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade afronta a segunda fase da rehabilitación de lavadoiros e das accións de aforro enerxético
Por Redacción |
-
A estrada Sacos-Trabazo, en óptimas condicións para afrontar o inverno
Por Redacción |
-
Avanza a rehabilitación integral da histórica aldea de Fontán
Por Redacción |
-
O Concello adxudica melloras viarias en Famelga, Pazos, Valongo e Vilanova e renova o lavadoiro de Campodanta
Por Redacción |