A asociación de veciños de San José de Cantodarea demanda melloras na seguridade viaria
Por Anxo Lourido
Este martes, o Concello de Marín acollía unha reunión entre a alcaldesa María Ramallo e a concelleira Marián Sanmartín con representantes da asociación de veciños San José de Cantodarea, que preside Carolina Solla.
O colectivo veciñal reclamou melloras para esta parroquia marinense en relación coa seguridade viaria, a humanización de rúas e a posta a piques de diferentes servizos.
Desde o goberno local sinalan que se están realizando varios proxectos referentes a melloras nas rúas, con renovación de servizos e instalación de mobiliario urbano que foi demandado polos veciños, ademais de cambios na iluminación.
A asociación, durante a reunión, informou das diferentes actividades que levan a cabo ao longo do ano e que desenvolven un importante labor dinamizador.