O PP insiste en revitalizar o mercado de Estribela como transmisor da "esencia mariñeira" da parroquia
Por Redacción
O Partido Popular insistiu este martes na súa petición de revitalizar o mercado de Estribela manténdoo como punto de venda de produtos de alimentación, en lugar do plan presentado polo Concello para convertelo no novo centro social da parroquia.
César Abal, concelleiro do grupo municipal do PP, defende que o mercado é "transmisor da esencia mariñeira da parroquia" e que "son moitos os veciños que queren seguir manténdoo", sinalou.
"O edificio necesita unha reforma, niso estamos de acordo, pero sen eliminar o mercano, apostando pola súa función dinamizadora e xeradora de emprego", defendeu o edil popular.
Por ese motivo o PP presentará unha moción pola vía de urxencia no próximo pleno municipal instando o goberno local a parar a tramitación do proxecto do centro social, que se atopa en fase de licitación.
Para César Abal, esta reforma impulsouse pese ao rexeitamento de varios colectivos e representantes veciñais de Estribela.
O CONCELLO DEFENDE O ACORDO DO CONSELLO PARROQUIAL
Preguntado por esta situación o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, defendeu que a decisión de crear no edificio do mercado un centro social para Estribela adoptouse no Consello Parroquial tras acordalo cos veciños.
"Non termino de entender que ten o PP contra os consellos parroquiais", declarou o representante do goberno local.
Relacionadas:
-
Estribela estreará en febreiro o seu novo centro social
Por Redacción |
-
Saen a contratación as obras para converter en Casa de Cultura o vello mercado de Estribela
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide revitalizar o mercado de Estribela e "abrir a porta" a novos vendedores
Por Alejandro Espiño |
-
Xa está listo o proxecto para a reforma do centro social de Estribela
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
De vello mercado de Estribela a novo centro social de Lourizán
Por Redacción |