O "proxecto rancheira" pon aos escolares de Poio a limpar as praias
Por Oskar Viéitez
Coa intención de mentalizar aos escolares de que o coidado do mar e o coidado dos seus recurso é unha cuestión de todos, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra, nunha iniciativa promovida polo confraría de San Telmo, iniciou unha campaña para limpar os areais en colaboración cos centros educativos de Poio que bautizaron co nome de "proxecto rancheira".
A iniciativa foi presentada este luns no Concello de Poio onde se informou que este xoves, se o tempo o permite, os alumnos de quinto de primaria dos colexios de Lourido, Viñas, Isidora Riestra, Chancelas e Espedregada desprazaranse ata o areal da Pinela, na Seca, para levar a cabo unha xornada de limpeza.
O Concello de Poio pon o autobús para desprazar aos estudantes así como as luvas para realizar os traballos. Os alumnos deberán ir equipados con botas de auga.