340.000 euros para mellorar a contorna da rúa da Seca
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou a contratación dun proxecto para mellorar a mobilidade na rúa da Seca e a contorna desta zona con dúas actuacións que suman unha cifra de 340.000 euros.
Raimundo González, portavoz do goberno local, anunciaba este luns que un destes proxectos afectará ao primeiro tramo desta rúa, o tramo que toma co Camiño Vello de Castela e o entroncamento coa rúa José Malvar. Ampliaranse as beirarrúas e reducirase a vía de circulación a un só carril, cunha parte destinada a aparcadoiro de servizos. Este proxecto conta cun investimento de 224.967 euros e terá un prazo de execución de tres meses.
O segundo proxecto ten como obxectivo ordenar o último tramo da rúa Fernando Olmedo, onde no pasado estaba o lavadoiro da Seca. Neste caso, o prazo de execución das obras tamén será de tres meses e de 118.935 euros.
A primeira actuación, falada cos veciños que fixeron achegas, recóllense no proxecto. Eliminarase a zona de aparcadoiro que hai no cruzamento da rúa con Fernando Olmedo e Casimiro Gómez e ordenarase este espazo. Crearase unha nova praza con árbores e novas sendas peonís. Acougarase tamén o tráfico na zona e crearanse ao redor de 20 aparcadoiros en batería.
Relacionadas:
-
Veciños e empresarios de Fernando Olmedo piden, segundo o Concello, deixar só aparcadoiros de servizos
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma na Seca arranca pola zona verde xunto ao CGTD
Por Redacción |
-
Reforma urbana na Seca e un novo parque ao carón do CGTD, novos proxectos do Concello
Por Redacción |
-
O modelo de mobilidade de Pontevedra se universaliza e chegará a Cerponzóns e A Seca
Por Natalia Puga |