O Grove converterá en biosaudable o parque da Praza do Corgo
Por Redacción
Tres aparatos de ximnasia destinada aos adultos converterán o parque da Praza do Corgo en un espazo biosaudable, segundo destaca o Concello do Grove.
Logo de acometer notables melloras nos parques infantís, O Grove busca completar estas instalacións coa colocación destes aparatos no Corgo, na Terra de Porto e San Vicente.
Trátase de diferentes equipos de ximnasia que permiten manter a forma física e prever ou tratar diferentes doenzas ou lesións concretas.
Están deseñados para a práctica do exercicio físico de adultos a partires de 40 anos e son especialmente aconsellables para maiores de 60 xa que lles permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación en todo o corpo.
Deste xeito, destacan desde o Concello, buscouse unha localización preto de parques e zonas habitualmente frecuentadas por público destas idades, buscando incentivar a súa utilización e desfrute.