Pontevedra conta con 1.013 familias numerosas
Por Redacción
O concello de Pontevedra conta con 1.013 familias numerosas que suman un total de 5.065 membros. Marín conta con 289 familias numerosas, Poio con 195 e Sanxenxo con 174, segundo os datos facilitados pola Asociación Galega de Familias Numerosas.
A Consellería de Política Social sinala que familias numerosas son aquelas que están compostas por polo menos tres fillos, sexan ou non comúns, que deben ser solteiros, convivir coas persoas ascendientes e depender economicamente delas e ser menores de 21 anos, idade que se pode ampliar ata os 25 se están a estudar.
Tamén tamén existe a categoría especial, na que entran as familias de cinco ou máis fillos e as de catro que cumpren determinados supostos, como non alcanzar un mínimo de ingresos.
Ademais, son familias numerosas as que só teñen dous fillos pero uno deles foi recoñecido cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento. Tamén no caso dos proxenitores.