O banco dos acusados da Audiencia de Pontevedra espera a Nené Barral e a Sito Miñanco
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra está pendente de sinalar dous xuízos contra dúas persoas moi coñecidas: contra o exalcalde de Ribadumia, José Ramón "Nené" Barral, e contra o histórico contrabandista e narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco.
No caso de "Nené" Barral chegará ao Pazo de Xustiza de Pontevedra pouco tempo despois de ser condenado por evasión fiscal. Agora a Fiscalía pide unha condena para o ex líder popular de dez anos e medio na causa por contrabando de tabaco. Impútalle, ademais, supostos delitos de suborno e de asociación ilícita, como presunto xefe dunha organización criminal internacional con intereses nunha decena de países.
No caso de Sito Miñanco será xulgado pola Audiencia de Pontevedra despois da que a fiscalía acusárao de blanquear diñeiro a través da sociedade Inmobiliaria San Saturnino, SL, con sede en Cambados, e pedise para el unha condena de seis anos de prisión e multa de 10 millóns de euros.
Neste proceso tamén está acusada a súa muller, unha das súas fillas, unha cuñada e o empresario José Alberto Aguín Magdalena como presuntos homes de palla de Miñanco. Para todos eles a Fiscalía de Pontevedra pide a mesma condena que para o narcotraficante, así como o comiso de propiedades nas Rías Baixas, entre elas 21 leiras dun proxecto urbanístico en Sanxenxo.
Segundo informa a xornalista Marina Santaló na edición de Arousa de La Voz de Galicia, o xulgado de instrución número 2 de Cambados vén de ditar auto de apertura de xuízo oral.
Relacionadas:
-
A causa sen xulgar máis antiga de España sentará a Nené Barral no banco por contrabando e suborno
Por Natalia Puga |
-
Sito Miñanco enfróntase a seis anos de cárcere por blanquear diñeiro do narcotráfico xunto á súa familia
Por Natalia Puga |
-
Nené Barral elude a prisión por defraudar a Facenda e queda pendente agora do seu xuízo por contrabando
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sen perdón para Sito Miñanco polo "genocidio" da xeración perdida
Por Marisa Ciordia & Natalia Puga |